Conciertos

FEstival de jazz de Cangas

Atención, abrir en una nueva ventana. PDFImprimirE-mail

O Festival Internacional de Jazz de Cangas  preséntase nesta undécima edición cunha proposta que achegará ao mellor jazz de New York a Cangas, cun concerto único que agrupa a dous dos artistas máis destacados da gran manzana, Marcus Strickland (saxo tenor) e Lage Lund (guitarra), con dous dos músicos cangueses máis internacionais Xan Campos (piano) e Iago Fernández (batería). Estes catro músicos xunto co contrabaixista santiagués Jose Carlos Ferro formarán o Canjazz Reunion, un proxecto que quedará para a posteridade xa que se grabará un disco, e que pretende trazar pontes musicais entre New York e Cangas.
A cantora neoiorquina Doris Cales traeranos o mellor jazz vocal,  a Big Band de Nazaré será a encargada de pechar o canjazz nun espazo diferente o Eirado do Señal.
O canjazz workshop permitirá a tódolos músicos que pasen polo auditorio municipal, disfrutar do mellor jazz da man de Marcus Strickland e Lage Lund.
As jam session do plantacións e os pasarrúas da Gdjazz Street Band completarán un cartel que pretende achegarnos un pouco máis á capital mundial do jazz.

   
EIRADO DO COSTAL
Mércores 27 de Agosto ás 22:30h
MARCUS STRICKLAND-LAGE LUND CANJAZZ REUNION

Marcus Strickland (saxo tenor)
Lage Lund (guitarra)
Xan Campos (rhodes)
Jose Carlos Ferro (contrabaixo)
Iago Fernández  (batería)
  O concerto estelar desta edición reune a dous grandísimas figuras da cidade dos rañaceos con tres músicos locais. Quizabes esta e unha das maiores apostas que se teñen feito na historia do jazz na Galiza, e que pretende ser un referente para poñer aos nosos músicos en igualdade coas estrelas norteamericanas.

  Marcus Strickland foi elixido como o “Mellor artista revelación”polos lectores da prestixiosa revista  JazzTimes Magazine no ano 2006. Strickland acompaña actualmente a músicos da talla de Dave Douglas, Jeff 'Tain' Watts,  Will Calhoun, ou o prestixioso batería Roy Haynes.

www.marcusstrickland.com

  Luge Lund gañou o premio Thelonious Monk ao mellor guitarrista no 2005 e acompaña actualmente a artistas da talla de Carmen Lundy, Ingrid Jensen, Wynton Marsalis and the LCJO, Eric Revis, Seamus Blake, David Sanchez, Jaleel Shaw, Will Vinson, Kendrick Scott, Robert Glasper, Aaron Goldberg, entre outros.

www.lage-lund.com
 
  Xan Campos, Iago Fernández e Jose Carlos Ferro son tres das novas figuras do jazz galego, colaborando con grandes artistas tanto estatais, coma internacionais da talla de Matt Brewer, Walter Smith III, Johnathan Blake, John O´Gallagher, André Fernández, Jesús Santandreu, Bob Sands, Doris Cales, Mikel Anduela, Ramón Cardo, Juanma Barroso, Javier Colina, Perico Sambeat, Joao Moreira,  etc.

Xoves 28 de Agosto ás 22:30h   
DORIS CALES QUINTET

Doris Cales (voz)    
Javier Pereiro (trompeta)
Felipe Villar (guitarra)
Juansy Santomé (contrabaixo)
Juanma Barroso (batería)

Doris Cales nace en Brooklyn, Nueva York, leva anos residindo en Madrid. Posee unha voz chea de forza, sentimentos, de un feeling abrumador, é sen dubida unha das voces máis importantes da escea musical actual no estado español. Todo un privilexio.
 Dende que se instala en Madrid traballa con compositores y músicos  da talla de Juan Carlos Calderón, Miralles, Kitflus, Serrat, Miguel Ríos, Ana Belén, Víctor Manuel, Auseron, por citar algúns exemplos, e tamén con músicos internacionais como Lionel Ritchie, Harry Belafonte ou  Spandau Ballet.
   No mundo do jazz ten colaborado con Jorge Pardo, Jerry González, Horacio Icasto, Víctor Merlo, Carlos Carli, Raimundo Amador, Antonio Serrano, Jesús Pardo, Nono García, Miguel Ángel Chastang, Pedro Sarmiento, Tomas San Miguel ou Pedro Ruy Blas.
  Este quinteto auna a dous grandes músicos madrileños Doris Cales e Juanma Barroso, xunto con tres músicos galegos, o cangués Javier Pereiro, o moañés Juansy Santomé e o nigranés Felipe Villar.

www.doriscales.com


EIRADO DO SEÑAL
Venres  29 de Agosto ás 22:30h

BIG BAND DO MUNICIPIO DE NAZARÉ

Dirección:  Adelino Mota
Saxofón Alto: Joaquim Pequicho e  João Capinha
Saxofón Tenor: André Duarte e Wilson  Ferreira 
Saxofón Barítono: Pedro Morais
Trompeta: Victor Guereiro, André Venancio, Luís Guerreiro e Margarida Louro
Trombón: Reinold Vrielink, Élio Frois , Luís Pires e Fábio Matias
Guitarra: Gonçalo Justino
Piano: Ricardo Caldeira
Baixo: Tiago Lopes
Bateria: Bruno Monteiro
Voz : Julia Valentím
A Big Band do Município da Nazaré se formou en Setembro de 1999, baixo a dirección de Adelino Mota. O repertório apresentado nos espectáculos está baseado en “standard’s” de Jazz e composicións para Big Band de músicos como: Duke Ellington, Count Basie, Dizzy Gillespie etc. e actualmente inclúe tamén temas máis contemporáneos de autores como: Chick Corea, Herbie Hancock, Quincy Jones, Pat Metheny, entre outros. Esta agrupación está  composta por 5 Saxofóns (2 Altos, 2 Tenores e 1 Barítono), 4 Trompetas, 4 Trombóns, Piano, Guitarra, Baixo, Batería e Voz en algúns temas.
  Esta Big-Band fixo concertos en Portugal, España e Alemania, destacando a participación no Festival de Jazz da Alta Estremadura, Festival de Jazz de Aljustrel, Festival de Jazz de Portalegre, Festival de Jazz de Pontevedra, Festa do Jazz no Teatro S. Luís, nos Encontros de Jazz de Évora (com Carlos Martins como convidado), no Festival de Tomar, Palco 1º de Maio da Festa do Avante, no Hot Club de Portugal e no Bflat en Matosinhos.

+info
 
Pasarrúas:
Gdjazz Street Band do 27 ao 29 de Agosto de 13-14h e de 20-21h pasarrúas.

Xavier Gdjazz Pereiro (trompeta)
Fernando Sánchez (saxo alto)
Antonio Rodríguez (trombón)
Oscar Prieto (tuba)
Javier Barral (percusión)
Volve a sensación da pasada edición. A banda liderada polo trompetista cangues Gdjazz levará o jazz a tódolos recunchos da vila, e convertirá a Cangas en Nova Orleáns.

Nova extraída da páxina web do festival : http://www.canjazz.org/
Jam-session:
Jam-session do 27 ao 29 de Agosto ás 24h no Plantacións
Khronology trio

Seir Caneda (piano)

Pablo Pérez (contrabaixo)

Chus Pazos (batería)