| Escrito por WiLZy,
on 31-07-2008 22:16
|
Visitas : 469 |
Favoritos : 15 |
Publicado el : Noticias, Noticias |
A Asociación Viguesa de Estudos dá María (AVE María), asociación de persoas usuarias de cannabis, declara públicamente que iniciou o 2º Cultivo Colectivo de Marihuana para autoabastecernos de cannabis as persoas asociadas e dispor dun fondo adicado a doentes que usan a marihuana como terapia, evitando deste xeito acudir ao mercado negro e os riscos que comporta (adulteracións, detencións, sobreprecio, etc.).
Dado que o cultivo persoal de cannabis non está penalizado no Estado español, decidimos facer estes cultivos comunitariamente amparados en diversas resolucións do Tribunal Supremo e outros tribunais, en particular a sentenza absolutoria da Asociación Pannagh de Bilbao (*).
Informamos asi mesmo que o noso Cultivo Colectivo progresa axeitadamente e a finais de outubro daremos conta dos resultados.
Como outros anos vémonos na obriga de denunciar as diversas intervencións dos Corpos de Seguridade do Estado incautando pequenas plantacións para consumo propio e detendo a particulares , que na gran mayoría dos casos son postos inmediatamente en liberdade pola xudicatura e as causas teñen como resultado a libre absolución por non esistir delito, sen posibilidade de recuperar as plantas polo maltrato que reciben nas dependencias xudiciais, cando non son destruidas. Contradiccións deste sistema que deixa campar outras substancias prohibidas manexadas polo narcotráfico e non a "Marihuana da Casa", cultivada sen fins comerciais.
Continuamos na a presionar pola normalización do cannabis e polo dereito a plantar libremente para consumo propio ou colectivo.
Saúdos e saúde
Asociación Viguesa de Estudos dá María
Correo electrónico: avemariavigo@telefonica.net Blog: http://el-durru.blogspot.com/ Fernando Rebordea Alonso de AVE María
Revisado el: 31-07-2008 22:16
|
|